Louzao Martínez, Francisco Xabier

Área: Composición Arquitectónica

Natural de Lugo, é doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na que obten el título de licenciatura no ano 1985, na especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea, obtendo o Grado de licenciatura ó ano seguiente coa calificación de Sobresaliente. A súa tese doutoral, sobre o mundo da pratería na diócese de Lugo, obterá a calificación de Sobresaliente cum laude.

Actualmente é profesor Contratado Doutor na Universidad da Coruña, con docencia en Historia da Arte e Historia da Arquitectura de Galicia, no departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura. Unha das súas liñas de investigación, na que se inicia e manten na actualidade, é o estudo da pratería española, centrándose no ámbito galego. Libros e artigos desta temática configuran as súas publicacións nos primeros tempos, abrindo posteriormente novas liñas de investigación, centradas de maneira prioritaria na arquitectura popular galega, tras disfrutar dunha beca concedida pola Consellería de Cultura para o inventario do Patrimonio Etnográfico de Galicia. Tamén disfrutou doutras becas da Xunta de Galicia destinadas ó inventario e catalogación de fondos de Museos e Coleccións relevantes de interés galego, labor desempeñada no Museo da Catedral de Santiago e do Museo de Belas Artes da Coruña. Con posterioridade colabora na montaxe do Museo de Arte Sacra da Coruña, no que realizará as labores de conservador. En tempos máis recentes introduciuse no estudo e catalogación dos cruceiros, tan singulares e abundantes nas terras galegas.

Traballos tutorados

Elementos arquitectónicos en hierro elaborados en las fundiciones de la provincia de Pontevedra: Galerías, Balcones y Rejería
Por Anllo Lago, Andrea
Ver traballo —>