Presentación do libro Entre a arquitectura e a enxeñaría 6+6.

Data: 15 de Maio de 2018

Lugar: Salón de actos da ETSAC, A Coruña.

Publicado o 11 de Maio de 2018

O próximo martes 15 de maio de 2018 presentarase na ETSAC a publicación do profesor DPAUC Carlos Nárdiz Ortiz: “Entre a arquitectura e a enxeñaría 6+6. Gaudí, Le Corbusier Mies, Kahn, SOM, Foster + Torroja, Nervi, Arup, Schalaich, Peter Rice, Bollinger e Grohmann”.

O libro busca axudar ao lector a comprender as relacións entre a arquitectura e a enxeñaría do século XX a través de 6 arquitectos e 6 enxeñeiros. Esta visión continua e conxunta do seu traballo ofrécenos unha perspectiva das súas obras que non sería posible entender contemplando as dúas disciplinas por separado.

No acto intervirán Carlos Nárdiz, César Portela, Cristóbal Crespo e Javier Estévez, e será presentado polo director da escola Fernando Agrasar.

 

 

 

Máis novas

Concurso

Irisarri+Piñera: finalistas para o Pavillón de España na Expo Dubai 2020.

27 de Setembro de 2018

+ info —>