Calidades rexenerativas a nivel psicolóxico e emocional da arquitectura sanitaria: O impacto psico-emocional das vistas da paisaxe sobre os doentes: Comparativa entre as habitacións do Hospital Marítimo de Oza e do CHUAC.

Autor/a: Pérez Calvo, Inés

Titor/a: Dra. María Sonia Vázquez Díaz

Baía de Santa Cristina

Resumo

O acceso aos estímulos positivos proporcionados polas vistas a unha paisaxe atractiva ten unha notable influencia sobre o benestar dos doentes na súa estancia no hospital, xa sexa psicolóxica ou emocional. A súa contemplación constante e atenta, produce unha interacción entre doente e paisaxe, xerando interese e afastando os pensamentos negativos sobre a enfermidade.

O propósito desta investigación é estudar a influencia do deseño da ventá sobre a percepción de ditos estímulos, identificando e definindo as características dos elementos arquitectónicos que conforman a xanela e que poden ter un impacto na minoración do estrés no doente. Para elo, analízanse os espazos sanitarios nos que o doente ingresado permanece a maior parte do día, as habitacións.

O método empregado é o estudo de casos, elixindo dous pertencentes a cidade de Coruña, o Hospital Marítimo de Oza e o Hospital Universitario de A Coruña (CHUAC) dada a súa ubicación, con vistas cara unha paisaxe similar. Sobre estes aplícase un análise de contido cualitativo, dende unha aproximación metodolóxica dedutiva, deixando espazo para á indución. Os resultados mostran que para contribuir á reducción do estrés non só é importante a mera existencia dunha ventá con vistas a unha paisaxe atractiva, como xa indicaran estudos anteriores, senón que tamén é relevante o deseño e a propia configuración da ventá.

The positive stimuli created by the landscape have a notorious psychological and emotional influence on the patients’ welfare during their stay at the hospital. Constant and attentive observation of the views produces an interaction between the patient and the landscape, it generates interest and takes away negative thoughts about illness.

This research was to study the influence of windows’ design on the generation of those stimuli, identifying and defining its architectonical elements’ characteristics that may have an effect on the reduction of stress. To do so, we analyse the sanitary spaces where the patients spend most of their time: the rooms.

The case study method was used and we selected two from the city of A Coruña: the Maritime Hospital of Oza (Hospital Marítimo de Oza) and the University Hospital Complex of A Coruña (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) because they are both facing the sea and similar sceneries can be perceived from them. We use a qualitative content analysis based on a deductive approach, letting concepts to emerge inductively. The results reveal that the mere existence of a window with attractive views, as other studies had previously stated, is not enough to fully contribute to stress reduction. It is also relevant to take into account the window´s configuration and design.

Palabras chave

Arquitectura sanitaria, paisaxe, A Coruña

Máis Traballos

Entre a casa e a festa. Unha confrontación entre necesidade e estética na cultura popular.
Por Alejandro Calviño Pérez
Ver traballo —>

Paisaxe e arte na poética de Man
Por Suarez Marcote, Mª Luna
Ver traballo —>