A escola infantil en A Veigadaña finalista nos Premios FAD

Publicado o 24 de Maio de 2019

A escola infantil en A Veigadaña (Mos, Pontevedra), proxectada por
Estefanía Grandal, Faustino Patiño e o profesor do DPAUC Juan Prieto foi seleccionada como finalista nos Premios FAD de Arquitectura 2019.

O Xurado valorou que “A intervención se presenta nun polígono industrial de contorna complexa e conflitiva, nunha parcela irregular, con elevado nivel freático. Destácase da súa contorna por intermedio dunha xeometría particular afastándose das xeometrías tradicionais dos pavillóns industriais á vez que dialoga con eles utilizando os seus mesmos materiais. No seu mundo interior, protexido, a obra crea o seu propio universo e imaxinario para os nenos”.

Esta obra xa foi galardoada nos XVIII Premios COAG na categoría de Equipamentos o pasado mes de marzo.

Máis novas

Profesorado

Nova web do profesor Carlos Nárdiz

O profesor do Departamento Carlos Nárdiz Ortiz recopilou toda a súa traxectoria profesional e académica […]

+ info —>