Arquitecturas en Curso

Data: 15 de Xuño de 2023

Lugar: Delegación Coruña COAG

Publicado o 8 de Xuño de 2023

O vindeiro xoves, 15 de xuño, ás 19 horas, inaugúrase a exposición Arquitecturas en Curso, 2022-23 na delegación de Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos. Poderá visitarse en horario de apertura da delegación ata o 14 de xullo.

Esta iniciativa xorde do profesorado do noso Departamento, cun dobre obxectivo: por unha parte, reforzar os vínculos entre docencia e profesión e, por outro, para por en valor o traballo do estudantado fóra do seu ámbito habitual co obxectivo de establecer un diálogo coa cidadanía, ademais de permitir aos futuros colexiados entrar en contacto co COAG.

No espazo da Delegación de A Coruña poderanse ver os mellores resultados acadados neste curso en materias vinculadas ás áreas de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, tanto da ETSAC como de outros centros onde o profesorado do departamento imparte docencia, resultando unha mostra do carácter experimental da diversidade de metodoloxías de traballo docente e investigador.

O pregón inaugural da exposición correrá a cargo de Luis Lope de Toledo (@lopedetoledo en redes), divulgador de contidos de arquitectura para tódolos públicos que reivindica o reaprender a mirar e a desfrutar dos edificios que están presentes na vida de todos.

En paralelo á exposición na sala, unha versión virtual a modo de arquivo estará aloxada nesta páxina web.

Máis novas

Publicación

Recordo de Andrés Fdez.-Albalat

O último número de Cornide: revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, publicado recentemente, […]

+ info —>

ConferenciaNovas

Believers! 3.0

14 de Xuño de 2023
Delegación Coruña COAG e ETSAC

+ info —>