Data: 6 de Marzo de 2019
Lugar: Escola Técnica Superior de Arquitectura
Publicado o 12 de Febreiro de 2019
DOCEXDOCE é un concurso estimulante para estudantes de arquitectura de toda Europa sobre os problemas contemporáneos da cidade, cun formato singular: Doce horas de traballo continuo, evitando converter o concurso nunha sobrecarga de traballo adicional durante meses para os estudantes.
Un tema mantido en segredo ata o inicio do concurso, asegurando unha máxima igualdade de condicións para todos os participantes. As redes sociais son un factor clave para o concurso: búscase unha máxima interacción dos participantes co público xeral. O traballo en equipo baixo as condicións que ofrece o concurso convértese nun gran adestramento pra a futura vida profesional dos participantes. Requírese unha toma de decisións rápida cara un obxectivo común.
Desde o Departamento impulsamos a participación da ETSAC neste concurso, contando coas embaixadoras Paula López Álvarez de Neyra e Alba León Álvarez. Os equipos (de 2 a 4 integrantes) deben inscribirse na páxina do concurso seleccionando a modalidade presencial na ETSA A Coruña antes do 3 de marzo. O concurso realizarase o 6 de marzo nun espazo da escola que indicaremos nesta páxina.
Máis novas
13 de Febreiro de 2019
Salón de Actos. E.T.S. de Arquitectura