Lugar: Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña
Publicado o 5 de Febreiro de 2018
Este concurso, que leva o nome da profesora do departamento xubilada Myriam Goluboff, está concebido para poñer en valor e ofrecer un medio de difusión dos traballos realizados no proxecto fin de carreira que poñen especial atención á sustentabilidade de todas as titulacións de arquitectos titulados na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña nos dous últimos anos.
A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña promove este concurso co obxecto de premiar aos mellores PFC de Arquitectura terminados entre xaneiro do 2015 e decembro de 2017. Prémiase o PFC, pola súa concreción da idea, materialidade, calidade, traballo, orixinalidade, innovación, elaboración e detalle construtivo dentro dun proxecto arquitectónico que desenvolva con especial atención a sustentabilidade.
Máis información: http://etsa.udc.es/web/?p=24954