Consello extraordinario DPAUC

Data: 8 de Xuño de 2022

Lugar: Antiga sede do Banco Pastor

Publicado o 9 de Xuño de 2022

Onte celebrouse na Sala de Reunións do Consello de Administración da antiga sede do Banco Pastor, no Cantón Pequeno de A Coruña, un consello extraordinario do Departamento, sen asuntos de trámite e co punto único de “Mellora do DPAUC”. Contando cunha ampla asistencia, serviu para reflexionar de xeito colectivo sobre diversas cuestións de gran relevancia que afectan ó Departamento: a investigación, as titulacións, a reconexión coa profesión, os traballos fin de máster e fin de grao e a comunicación e publicacións. Ademáis serviu para expoñer varias iniciativas por parte de grupos de docentes que se levarán a cabo nos próximos cursos.

Máis novas

Novas

Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

Onte estreouse no Salón Teatro de Santiago de Compostela o documental Os segredos do Mercado […]

+ info —>