Data: 4 de Outubro de 2018
Lugar: Delegación do COAG na Coruña (20:00h)
Publicado o 4 de Outubro de 2018
A partir deste xoves inaugúrase a mostra expositiva de Proxectos Fin de Carreira ETSAC 2018 no COAG coincidindo coa celebración do Día Mundial da Arquitectura. Presentaranse novas propostas relacionadas coa modernidade e as novas problemáticas urbanas, entre as que podemos citar un centro de acollida para mulleres maltratadas na propia cidade de A Coruña ou unha residencia para profesores universitarios en San Vicente de Elviña. Atopamos tamén novos planteamentos para un mercado na localidade de Sada e a proxección dun hotel + espacio de encontro en Corcubión, así coma a posible intervención nun espacio urbano da feria de Paiosaco.
Máis novas
2 de Outubro de 2018
O Castro, Sada