International Workshop do TFM Iacobus en Viena

Publicado o 24 de Marzo de 2022

O alumnado do Máster Universitario en Arquitectura do TFM Iacobus ven de participar no International Workshop  realizado do 13 ao 18 de marzo en Viena, dentro do programa Iacobus+Culture, Heritage and Integration, que no 2022 celebra a súa 27ª edición.

No encontro reúnironse 90 alumnos da ETSA da Coruña, da ENSA de Clermont-Ferrand, da NUACA de Ereván, da OTH de Regensburg e, por primeira vez, da ULiège, que traballaron conxuntamente nun proxecto sobre o Monasterio Mehkitarista de Viena. Tras a análise do lugar (que inclúe unha igrexa de Camillo Sitte, o Ministerio de Xustiza e un museo sobre a cultura armenia), dividíronse en grupos de traballo internacionais para ofrecer distintas propostas de intervencións no ámbito, tratando de ordenar ese espazo tan próximo ao Ring de Viena.

Máis novas

ConferenciaEncontro

XI Meeting Point Lignum

27 de Abril de 2022

+ info —>

EncontroEventos

PechaKucha 8M_2022

8 de Marzo de 2022
Salón de actos da ETSAC

+ info —>