Novo Profesor Titular no Departamento

Publicado o 27 de Novembro de 2018

Enrique Manuel Blanco Lorenzo tomou onte posesión como Profesor Titular de Universidade da área de coñecemento de Composición Arquitectónica do noso Departamento, nun acto presidido polo reitor da Universidade, Julio Abalde e acompañado do secretario Xeral, Carlos Aymerich, e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten. Tamén estiveron presentes o Director da Escola de Arquitectura, Fernando Agrasar, e o Secretario do Departamento, Miguel Abelleira.

Enrique Blanco comezou como profesor no ano 2002 na área de Construccións Arquitectónicas e, desde 2007, incorporouse á área de Composición Arquitectónica como profesor contratado de sustitución, pasando no 2011 a ser Contratado Doutor e consolidando agora a súa carreira docente como Profesor Titular, despois de obter a praza convocada pola Universidade.

 

 

Máis novas

Conferencia

Conferencia Manuel Costoya

6 de Febreiro de 2019
Salón de Actos. E.T.S. de Arquitectura

+ info —>

Encontro

IKEA out of the box: the democratic design

22 de Outubro de 2018
Escola Técnica Superior de Arquitectura

+ info —>