Publicado o 12 de Novembro de 2020
A profesora do departamento Patricia Muñiz participa no Festival de Deseño #Follow20, que se celebra entre o 9 e o 13 de novembro a través da web e na Praza de Lugo de A Coruña.
Este festival é unha celebración do deseño, poñendo en valor o tecido profesional galego e favorecendo a súa conexión co exterior e o seu achegamento ao gran público, e concíbese como un festival 100% carbon neutral, cun completo programa de desenvolvemento sostible nos eidos ambiental e social.
Patricia Muñiz participa nas conversas temáticas, falando de Deseño de Emerxencia no panel Deseño e Estratexia, xunto a Coca Rivas e Nuria Carballo.
Máis novas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou onte mediante videoconferencia o […]