Data: 23 de Outubro de 2018
Lugar: Escola Técnica Superior de Arquitectura
Publicado o 16 de Outubro de 2018
Nova edición de Periféricos dende a ETSAC, para xogar coa definición do termo ‘periferia’ e reflexionar sobre os diversos posicionamentos ante e dente a profesión.
PERIFERICOS MIRADOIRO CUARTO propón, nesta ocasión, xuntar parellas de arquitectos que con perfís, formación, inquedanzas e orixes diversas achegarán ós asistentes as súas experiencias investigadoras dende a arquitectura: a intervención no patrimonio, o traballo en diversas escalas, as estratexias urbanas, a docencia, a xestión, a exposición, a edición, os concursos… Todos eles casos moi recoñecidos e de grande éxito e difusión en múltiples certames nacionais e internacionais.
A xornada iniciarase coa presentación do Director da Escola, Fernando Agrasar, e posterior introdución dos convidados por parte dos profesores Patricia Sabín e Enrique M. Blanco, finalizando cunha mesa redonda.
Participantes: Patricia Muñiz + Luciano G. Alfaya [A Coruña], Berta Bardí + Daniel G. Escudero [Barcelona], Elisabeth Abalo + Gonzalo Alonso [Santiago de Compostela]
PERIFERICOS MIRADOIRO CUARTO da continuidade ás edicións anteriores e realízase grazas á Universidade da Coruña, á Escola Técnica Superior de Arquitectura, a ó Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.
PERIFERICOS MIRADOIRO CUARTO é unha actividade aberta ó público que se celebrará o vindeiro martes 23 de Outubro no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura.