Presentación do libro La Arquitectura de Galicia

Publicado o 16 de Setembro de 2023

Esta semana presentouse o libro La Arquitectura de Galicia. Dos mil años de Historia, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e elaborado por José Ramón Alonso Pereira, catedrático de historia da arquitectura e do urbanismo e recentemente nomeado profesor emérito da Universidade da Coruña.

O libro presentouse no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, na inauguración dos actos conmemorativos do cincuentenario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o martes 12 de setembro, e na biblioteca da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña o xoves 14 de setembro.

La Arquitectura de Galicia presenta, en trinta capítulos, as idades de arquitectura. As orixes históricas, desde o mundo castrexo e a Gallaecia romana á Terra do Apóstolo; o antigo reino de Galicia na Idade Media; o esplendor da Idade Barroca; o paso da Ilustración ó Rexurdimento; o proxecto moderno: as súas pescudas, desenvolvementos e crises; ou a aproximación crítica contemporánea, atendendo en todas elas ó proxecto sociocultural, ó proxecto territorial e urbano, e as respostas tipolóxicas, espaciais e formais, imbricando lugar, arquitectura e estilo como suxeito unitario, e trascendendo a lectura descriptiva para facela análise intencionada. Para conseguilo, apoiase no compromiso académico de máis de trinta anos como responsable da materia Historia da Arquitectura na Escola de Arquitectura da Coruña.

Máis novas

NovasProfesorado

Profesorado do DPAUC en Culturgal

3 de Decembro de 2023
Pazo da Cultura de Pontevedra

+ info —>

EncontroNovas

Seminario Internacional Comunidades y Periferias

19 de Setembro de 2023
A Fonsagrada

+ info —>