Presentación do libro Andrés Fernández-Albalat arquitecto

Publicado o 17 de Xuño de 2021

O Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura organiza o vindeiro mércores a presentación do libro Andrés Fernández-Albalat arquitecto. Materiais de arquivo: obra coruñesa (1959-1999), editado polo Concello da Coruña coa colaboración do Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura. A presentación terá lugar o mércores 23 de xuño, ás 12.30 horas, na biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, e intervirán as seguintes persoas:

  • Sr. D. Juan Manuel Díaz Villoslada (Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Movilidad do Concello da Coruña).
  • Sr. D. José Ramón Alonso Pereira (Coordinador do Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura da Universidade da Coruña).
  • Sr. D. Antonio S. Río Vázquez (Responsable da edición)

O libro, que conta con varias aportacións de profesores do noso departamento, presenta unha selección de obras do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois (A Coruña 1924 – 2019) situadas no concello da Coruña, revisadas a través dos documentos conservados no seu arquivo e acompañadas dun conxunto de textos que recollen distintos aspectos da súa produción arquitectónica. Albalat estableceuse na súa cidade natal ao pouco de titularse en Madrid, manifestando desde os inicios da súa actividade unha decidida aposta pola recuperación da modernidade, revisándoa desde a tradición local. Arquitecto do Laboratorio de Formas de Galicia, Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, Albalat contribuíu desde múltiples lugares ao desenvolvemento da cultura arquitectónica do país e o seu legado construído na Coruña constitúe un valioso patrimonio colectivo.

Máis novas

ConcursoPremio

Segundo premio no concurso da Praza da Igrexa (Vigo) ó estudio de Patricia Muñiz

A profesora do departamento Patricia Muñiz obtivo, co seu estudio MMASA, un segundo premio no […]

+ info —>

Premio

Docentes do Departamento galardoados nos Premios de Arquitectura de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou onte mediante videoconferencia o […]

+ info —>