Semana da Arquitectura 2020

Publicado o 16 de Outubro de 2020

Varios profesores do Departamento participaron nas actividades da Semana da Arquitectura 2020 da Coruña, organizada polo Concello da Coruña, a Fundación Luis Seoane, a E. T. S. de Arquitectura da Universidade da Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en homenaxe a Andrés Fernández-Albalat Lois, ilustre profesor do noso Departamento.

As actividades incluiron visitas as súas obras: o concesionario de SEAT, a embotelladora de Coca-Cola, o centro de cálculo de Abanca e o colexio dos PP. Escolapios, guiadas polos profesores do Departamento Enrique Blanco, Fernando Agrasar, Patricia Sabín e Miguel Abelleira.

Ademáis, o Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura, baixo a coordinación de José Ramón Alonso Pereira, organizou roteiros polas obras de Albalat situadas no centro da Coruña, que guiaron os alumnos de Traballo Fin de Grao Raquel Álvarez, Cristina Campillo, Isabel Comí, Laura Martínez, Jonatan Pérez, Adrián Pose, Carmela Rodríguez, Carmen Rodríguez e Jesús Varela.

A exposición Andrés Fernández-Albalat Arquitecto. Materiais de Arquivo: Obra Coruñesa (1959-1999), comisariada polo profesor Antonio Río, está aberta na Sala Municipal Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10) ata o 8 de novembro. O profesor Óscar Pedrós elaborou un plano coas principais obras de Albalat situadas na cidade da Coruña, como parte da colaboración do COAG, que pode descargarse neste enlace. A documentación dos proxectos pertence o arquivo familiar e foi cedida polo fillo do homenaxeado, o profesor Andrés Fernández-Albalat Ruiz.

As actividades completáronse cun ciclo de conferencias sobre a figura de Albalat, nas que participaron Patxi Mangado, Manuel Gallego, César Portela, Cristóbal Crespo, Antonio Río e Carlos Quintáns. A imaxe que ilustrou a Semana da Arquitectura é unha caricatura de Albalat feita por Alberto Noguerol, quen tamén foi profesor do noso Departamento.

Máis novas

Premio

Equipo da UDC gañador da V Maratón de Reciclaxe Textil

O proxecto “Homesickness”, creado polos estudantes do Grao en Xestión Industrial de Moda da Universidade […]

+ info —>

Tese

Defensa de Tese de Doutoramento

18 de Setembro de 2020

+ info —>