Data: 25 de Xaneiro de 2024
Lugar: Escola Técnica Superior de Arquitectura
Publicado o 23 de Xaneiro de 2024
O vindeiro xoves, 25 de xaneiro, terá lugar no Salón de Actos da ETSAC, de 10:00 a 14:00 h., unha Xornada de presentación de Proxectos 08 do Grao en Estudos de Arquitectura e do Grao de Paisaxe, por parte do alumnado e do profesorado da asignatura máis un debate con expertos e actores dos sistemas alimentarios de proximidade: Carolyn Steel (arquitecta); Leonor Lorenzo Abalo e Rocio García Carregal de Slow Food Compostela; e Ruth Varela (Paisaje Arquitectura y Ciudad, Universidade da Coruña/ Asociación cultural Flor de Santiago, como coimpulsora da iniciativa).
Sitopías é un ciclo de debates de carácter multidisciplinar que, dende a arquitectura, ten como obxectivo abordar a importancia dos sistemas alimentarios de proximidade para a saúde do territorio e para a saúde humana, así como a importancia de recuperar e protexer un dos patrimonios máis valiosos de Galicia que é o seu metabolismo social tradicional. Isto implica impulsar e revalorizar a produción de proximidade e os mercados de abastos e, asemade, desenvolver as infraestruturas locais complementarias e os novos enfoques de planeamento que son necesarios para este fin.
Máis novas
A docente da área de Composición Arquitectónica do DPAUC Estefanía López Salas tomou hoxe posesión […]