Xosé Garrido (1968-2022)

Publicado o 5 de Marzo de 2022

Onte faleceu en Córdoba o fotógrafo especializado en arquitectura e patrimonio Xosé Garrido (Monforte de Lemos, 1968). Entre os seus traballos relacionados coa arquitectura, ocupouse da fotografía do proxecto editorial Arquitecturas da provincia de A Coruña, que se levou a cabo entre 1995 e 2010 grazas a unconvenio entre a Deputación de A Coruña e a área de Composición Arquitectónica da Universidade da Coruña coordinado polos profesores José Ramón Soraluce e Xosé Fernández.

Dos 18 volumes que compoñen o proxecto, 13 foron realizados por Xosé Garrido, integrado no equipo de traballo, entre os anos 1996 e 2001. En ese periodo documentáronse máis de 2.000 elementos patrimoniais, entre igrexas, mosteiros, conventos, pazos, edificios e arquitecturas civís, militares e comerciais, arquitecturas populares, casas tradicionais, hórreos, etc… incluindo en cada volume unha media de 200 fotografías.

Máis novas

EncontroEventos

PechaKucha 8M_2022

8 de Marzo de 2022
Salón de actos da ETSAC

+ info —>

Publicación

Ciudades imposibles

Myriam Goluboff, profesora xubilada do noso departamento, presentou recentemente o seu libro Ciudades imposibles (Medulia […]

+ info —>