Publicado o 8 de Maio de 2023
O pasado venres, 5 de maio, o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) concedeu a Medalla de Ouro da Arquitectura do ano 2023 a César Portela Fernández-Jardón (Pontevedra, 1937). Portela foi profesor do Departamento desde o ano 1983, obtendo a cátedra de Proxectos Arquitectónicos no ano 1991.
A Medalla de Ouro do CSCAE recoñece o esforzo das persoas e institucións que ennoblecen o quefacer arquitectónico co seu traballo. No seu ditame, o Xurado valorou a “solidez” da traxectoria profesional de Portela, “como referente galego para novas xeracións de arquitectos/as tanto na Arquitectura como no Urbanismo”. Así mesmo, destacou o labor do “arquitecto localista que supera o seu ámbito natal para proxectarse internacionalmente”.