Premio ó proxecto da profesora Patricia Muñiz e os seus estudantes

Publicado o 4 de Maio de 2023

A profesora Patricia Muñiz e os seus alumnos gañan o II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Un galardón que premia experiencias educativas, proxectos ou iniciativas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, formar, concienciar, desenvolver un espírito crítico e fomentar a participación activa da comunidade educativa na consecución dunha cidadanía global, solidaria e comprometida coa erradicación das desigualdades sociais.

A proposta Deseño social e ambiental sustentable foi elixida entre as presentadas das tres universidades galegas e trátase dunha iniciativa que se centrou inicialmente na comunidade universitaria, coa idea de concienciar ós alumnos do imporante que é ter en conta o impacto medioambiental nos nosos deseños. Pero tamén se levaron a cabo iniciativas que involucraron ó resto da sociedade, buscando crear reflexión e debate sobre os efectos que teñen os nosos actos de consumo, tratando de potenciar o reciclaxe, a economía circular e o comercio xusto.

Máis novas

NovasPremio

César Portela, Medalla de Ouro

O pasado venres, 5 de maio, o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España […]

+ info —>

EncontroNovas

ACCA5 en A Coruña

Os días 30 e 31 de marzo celebrouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura da […]

+ info —>