Ciclo Casas Modernas 2

Data: 9 de Xaneiro de 2024

Lugar: Real Academia Galega de Belas Artes

Publicado o 8 de Xaneiro de 2024

O martes 9 de xaneiro dará comezo Ciclo de conferencias “Casas Modernas/2”, encadrado nos “Martes das Artes” da Real Academia Galega de Belas Artes e no que participa o profesorado do DPAUC. Segundo Luz Paz Agras, coordinadora do Ciclo: “Hoxe seguimos a mirar con interese o Movemento Moderno como un referente fundamental para a arquitectura actual. No ámbito da vivenda, as reflexións levadas a cabo no século XX sobre o espazo doméstico voltan ao presente como unha garantía de calidade e bo vivir.

Na edición anterior, tivemos a ocasión de experimentar estes espazos a través de percorridos por algunhas das casas máis recoñecidas a nivel internacional. Neste caso, achegámonos ao noso contexto visitando arquitecturas próximas que tamén nos sitúan no mapa da Modernidade.”

A primeira conferencia titulada “Casa Gomis (La Ricarda)”, terá lugar o martes 9 de xaneiro e será impartida pola coordinadora do Ciclo Luz Paz Agras. O día 6 de febreiro, Fernando Agrasar Quiroga, Dr. Arquitecto e académico impartirá a charla “Casa Samuel Janeiro”. O Ciclo continuará o día 27 de febreiro coa conferencia “Casa Domínguez” a cargo do Arquitecto Manuel Amable Romero Pérez. Por último, o martes 5 de marzo concluirá o Ciclo coa conferencia “Casa Carvajal e Casa García-Valdecasas” que será impartida polos arquitectos Patricia Sabín Díaz e Enrique M. Blanco Lorenzo.

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.

Máis novas

NovasProfesorado

Titularidade de Estefanía López Salas

A docente da área de Composición Arquitectónica do DPAUC Estefanía López Salas tomou hoxe posesión […]

+ info —>

NovasPublicación

Presentación de libro de Juan Caridad

21 de Decembro de 2023
Biblioteca da ETSAC

+ info —>