Data: 21 de Decembro de 2023
Lugar: Biblioteca da ETSAC
Publicado o 15 de Decembro de 2023
O xoves, 21 de decembro, ás 12.30 horas, na biblioteca da ETSAC, presentarase o libro Galicia: Arquitectura, Comarcas y Comarcalización, do que é autor o profesor do departamento Juan Caridad.
Editado co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Caixa Rural Galega e o Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura da Universidade da Coruña, este libro ten como orixe e obxectivo definir a comarca na Galicia contemporánea e analizar como proxectala en termos territoriais e arquitectónicos, estudando e explicando como a contemporaneidade entra en Galicia a través da comarcalización.
Ao longo de nove capítulos vanse desenvolvendo sucesivamente as bases e os antecedentes do proceso comarcal, a creación e posta en marcha do Plan, os seus protagonistas, a súa arquitectura legal e institucional, os seus instrumentos operativos, a estratexia plan-proxecto seguida, expoñendo minuciosamente os traballos e as arquitecturas que materializaron o Plan, percorrendo desde a escala territorial á edificatoria e mesmo ao deseño, e presentando con detalle os centros comarcais, como expresión e nodo desas “arquitecturas do Plan”, onde este toma forma física, demostrando que, en Galicia, a comarca revelouse como un espazo de oportunidade e un ámbito adecuado para a planificación, a construción e a gobernanza do século XXI.
Máis novas
9 de Xaneiro de 2024
Real Academia Galega de Belas Artes
3 de Decembro de 2023
Pazo da Cultura de Pontevedra