El paisaje en la ingeniería

Publicado o 11 de Febreiro de 2020

O próximo xoves 13 de febreiro, ás 20:00 horas, presentarase na Libraría Formatos (Avda. Fernández Latorre Nº5, A Coruña) a publicación do profesor do DPAUC Carlos Nárdiz Ortiz El paisaje en la ingeniería.

O libro, nos seus 11 capítulos, achégase á paisaxe na enxeñería dende reflexións xerais, relativas ás distintas aproximacións á paisaxe (incluidos os métodos e as técnicas de análise e valoración dela), e particulares en relación ás distintas obras da enxeñería civil: os camiños e as estradas, o viario de acceso á cidade, as pontes, as canles e as presas, o ferrocarril, os portos…; con capítulos tamén específicos relacionados coas intervencións nos ríos e no litoral.

Intenta reflectir unha experiencia de 25 anos na ensinanza da paisaxe na enxeñería, na Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Coruña, que serviu de continuidade ás ensinanzas que no mesmo sentido se iniciaron a comezo dos anos 80 na escola de Madrid, que foi xeneralizándose como unha aproximación hoxe fundamental ao proxecto e a planificación das obras da enxeñería civil ou das obras públicas, de xeito que a paisaxe non podería ser recoñecida sen a súa presencia.

No acto intervirán Ethel Vázquez (Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia), Enrique Úrcola (Decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia), Isabel Aguirre (Directora da Escola Galega de Paisaxe) e o autor do libro.

Máis novas

ConcursoPremio

Alumna da ETSAC gaña un concurso de diseño gráfico

A alumna da Escola Cristina Campillo Andrés ven de gañar o concurso de carteis para […]

+ info —>

Publicación

Iacobus+ 2018

O libro Iacobus+ 2018, de recente publicación, recopila os traballos participantes no programa Erasmus+ Strategic […]

+ info —>