Publicado o 2 de Outubro de 2018
O pasado luns 24 de setembro alumnos e profesores da materia de Proxectos 4 da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña visitaron os emprazamentos dos traballos do presente cuatrimestre no Concello de Narón, onde foron recibidos pola alcaldesa Marián Ferreiro e varios representantes municipais. O presente curso estructúrase en torno á mobilidade ferroviaria, cunha visita e toma de datos en varios apeadoiros ó longo da liña do FEVE no seu paso por Narón. Os traballos, que serán desenrolados por máis de cen alumnos do Obradorio do 5º cuatrimestre, buscan una reflexión sobre a mobilidade urbana e interurbana e o seu potencial para conectar e rexenerar os tecidos urbáns da súa contorna.
Máis novas