Data: 19 de Abril de 2018
Lugar: Delegación do COAG na Coruña
Publicado o 17 de Abril de 2018
O Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño Cal, comprácese en convidar á comunidade da ETS de Arquitectura de A Coruña ao acto de presentación da revista Obradoiro Dixital.
A revista Obradoiro ten sido, desde os comezos da actividade do COAG, o vieiro de expresión, reflexión e cultura do noso Colexio. Tras rematar a edición daquela, comeza, cunha homenaxe aos que a fixeran posible, a andaina dun medio distinto, novo, unha nova linguaxe pra un tempo novo.
Terá lugar o próximo 19 de abril, ás 19.19 horas, na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Coruña – Rúa Federico Tapia, 64.
Ao remate celebraremos unha “jam-sessión” acompañada dun viño de honra.
Máis novas