Lugar: Sada
Publicado o 15 de Marzo de 2018
O mércores 14 de marzo presentouse o libro Proxecto Sada: Paisaxe, lugar e arquitectura que recolle os traballos do alumnado de Proxectos de segundo do curso 2015-16 e os artigos de investigación do profesorado de Proxectos Arquitectónicos 2 e 3 e Urbanística I: Xan Casabella, Alfonso Díaz Revilla, Cristina García Fontán, Manuel de la Iglesia, Emma López-Bahut, Cándido López González, Xosé Lois Martínez Suárez, Óscar Pedrós-Fernández, Gabriel Santos Zas, Sonia Vázquez-Díaz, e o arquitecto Alberto Fuentes Valcárcel.
Esta publicación é froito do convenio asinado co Concello de Sada, lugar onde se desenvolveron os diferentes proxectos do curso desde o ámbito máis natural, como a contorna das Brañas, ata o máis urbano como o barrio da Tenencia.
Artigo en La Opinión de A Coruña
Máis novas