Data: 20 de Xuño de 2019
Lugar: Museo de Belas Artes de A Coruña
Publicado o 27 de Marzo de 2019
O próximo Seminario Internacional en Ruta de UNISCAPE (Rede Europea de Universidades para a implantación do Convenio Europeo da Paisaxe) levarase a cabo do 20 ó 22 de xuño de 2019, no edificio no Museo de Belas Artes da Coruña. O Comité Científico está coordinado polos profesores do Departamento Cristobal Crespo e Juan Prieto e por Soledad Bugallo do ProxectoTERRA (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).
Este Seminario propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.
Máis información e convocatoria de resumes
Nova data para o envío de resumes: 22 de abril de 2019