A integración das instalacións: O Pavillón Multiusos en Viana do Castelo de Eduardo Souto de Moura

Autor/a: David Vieiro Vilariño

Titor/a: Dr. Enrique Seoane Prado

Imaxe do Pavillón Multiusos en Viana do Castelo de Souto de Moura

Resumo

Resumo

O Pavillón Multiusos, tamén coñecido como Centro Cultural, de Viana do Castelo, obra do arquitecto portugués Eduardo Souto de Moura na ribeira do río Lima desta cidade, é unha das obras de arquitectura máis rechamantes, dende o punto de vista visual, da península. A localización das súas principais instalacións no exterior, mostrándoas abertamente e utilizándoas como elemento xerador da imaxe característica da obra, non deixa indiferente a ninguén dende o primeiro momento. Neste traballo, tratarase de analizar esta obra centrándose nas súas instalacións e como estas se relacionan cos restantes elementos do proxecto. Partindo do contexto histórico da cidade e os factores que poidan ter influencia nesta decisión de proxecto para, a continuación, analizar como se desenvolven estas instalacións no interior da edificación e como se integran nesta arquitectura.

The Multipurpose Pavilion, also known as Cultural Center, in Viana do Castelo, work of the Portuguese architect Eduardo Souto de Moura on the banks of the Lima River in this city, is one of the most striking works of architecture, from the visual point of view, in the peninsula. The location of its main facilities abroad, showing them openly and using them as a generator of the project’s characteristic image, leaves no one indifferent from the first moment. This work will try to analyze this project, focusing on its systems and how they relate to the other elements of the project. Starting from the historical context of the city and the factors that may have an influence on this project decision to, next, analyze how these facilities are developed inside the building and how they are integrated into this architecture.

Palabras chave

Instalacións, Integración, E. Souto de Moura, Pavillón Multiusos, Viana do Castelo

Máis Traballos

Rodolfo Lama Prada, ingeniero. Tres arquitecturas desaparecidas
Por Laura Martínez Salgado
Ver traballo —>

Copia vs traducción: Glenn Murcutt & la Casa Farnsworth
Por Carlos Andrés Díaz
Ver traballo —>