Lugar: Universidade Politécnica de Valencia
Publicado o 5 de Febreiro de 2018
Os próximos días 7, 8 e 9 de marzo celebrarase na Universidade Politécnica de Valencia o VIII Congreso Internacional de Arquitectura Blanca (CIAB 8), organizado pola Cátedra Blanca de Valencia. En cada edición mostrase unha selección dos mellores estudos a nivel internacional que están a traballar co formigón como materia principal dos seus proxectos. Os proxectos presentados responden a diversas economías, emprazamentos e funcións, pero comparten o denominador común de ser concibidos todos eles en formigón. O Congreso compleméntase ademais cunha serie de comunicacións que achegan unha gran cantidade de obras arquitectónicas que completan o gran compendio de obras expostas nos tres días de Congreso. As comunicacións ao congreso non só teñen un carácter autobiográfico, senón que se realizan comunicacións de carácter histórico, teórico ou tecnolóxico, mostrando tamén as últimas novidades desenvolvidas polas empresas do ámbito do formigón.
Máis información: http://www.upv.es/catedrablanca/CIAB8/INICIO.htm