ACCA5 en A Coruña

Publicado o 1 de Abril de 2023

Os días 30 e 31 de marzo celebrouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña o quinto encontro de Áreas de Coñecemento de Composición Arquitectónica (ACCA5), organizado pola área de composición do noso Departamento.

Preto de cincuenta docentes das escolas de arquitectura españolas debatiron en catro mesas de traballo denominadas “Composición: ferramenta do proxecto arquitectónico”, “Patrimonio: da investigación histórica ó proxecto”, “Conexións: experiencias en docencias periféricas” e “Innovación: a docencia y e o relevo xeneracional”. As mesas complementáronse cun encontro informal sobre revistas na biblioteca da Escola de Arquitectura e visitas ó castro de Elviña, ó pazo de Meirás e á Terraza de Sada.

Con este encontro, enmarcado dentro dos actos do cincuenta aniversario da Escola de Arquitectura, A Coruña toma o relevo de Sevilla, onde se celebrou en 2022, para cederllo a Valladolid, onde se celebrará o vindeiro ACCA6.

Máis novas

NovasPremio

Premio ó proxecto da profesora Patricia Muñiz e os seus estudantes

A profesora Patricia Muñiz e os seus alumnos gañan o II Premio Galego de Educación […]

+ info —>

Conferencia

Conferencia de Yolanda Pérez

22 de Febreiro de 2023
Batalha Centro de Cinema, Oporto

+ info —>