Docentes do Departamento galardoados nos Premios de Arquitectura de Galicia

Publicado o 18 de Febreiro de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou onte mediante videoconferencia o fallo do xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020, creados para poñer en valor a excelencia da rehabilitación e da arquitectura galega, o traballo dos profesionais e a sustentabilidade nas construcións, cada vez máis concienciadas con protexer o noso patrimonio e con apostar pola súa recuperación.

O Premio Galego de Arquitectura 2020 concedeuse á Escola infantil en A Veigadaña, en Mos (Pontevedra), da que son autores o profesor do Departamento Juan Ignacio Prieto López xunto a Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leirós.

O Premio Galego de Rehabilitación 2020 concedeuse ex aequo a tres obras: á reconstrución de vivenda afectada pola vaga de lumes en Carballeda de Avia (Ourense), de Juan José Otero Vázquez e Cecilia López Muíños; á rehabilitación dunha vivenda particular en Vigo, do profesor do Departamento Alfonso Penela Fernández, e á intervención en bodega e área enoturística en Cenlle (Ourense), do profesor do Departamento Juan Antonio Caridad Graña xunto a Isidro López Yañez.

Hai que salientar tamén a concesión do Premio á Traxectoria Profesional 2020 a quen foi profesor do Departamento Manuel Gallego Jorreto.

Escola infantil en A Veigadaña, de Juan Prieto, Faustino Patiño e Estefanía Grandal
Rehabilitación de vivenda en Vigo, de Alfonso Penela
Bodega e área enoturística en Cenlle, de Juan Caridad e Isidro López

Máis novas

EventosPublicación

Presentación do libro Andrés Fernández-Albalat arquitecto

O Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura organiza o vindeiro mércores a presentación do […]

+ info —>

Eventos

Patricia Muñiz no Festival de Deseño #Follow20

A profesora do departamento Patricia Muñiz participa no Festival de Deseño #Follow20, que se celebra […]

+ info —>