Autor/a: María Cristina Boquete Costa
Titor/a: Mónica Mesejo Conde
Cabana de inverno no Monte Kanin, Eslovenia.
Resumo
A vivenda elemental en paisaxes senlleiras amósase na actualidade como un dos campos de probas máis axeitados para a aprendizaxe e a experimentación arquitectónica, dado que construír en hábitats naturais complexos como a alta montaña, o deserto, os bosques ou a auga, supón un grande reto en todas as súas fases: desde o deseño conceptual, durante o proceso construtivo e no seu posterior mantemento e abastecemento. A investigación enfócase en construcións mínimas fortemente vencelladas ao seu medio natural, que presentan unha importante compoñente didáctica ou experimental e que, ademais de solucionar as necesidades esenciais dos seus moradores, teñen como obxectivo dar resposta ás específicas condicións climáticas, orográficas, de accesibilidade, etc. -en ocasións adversas- da súa contorna a través da experimentación con novos conceptos, formas arquitectónicas, estruturas ou materiais; abórdase o tema mediante un exercicio teórico-práctico onde, tras analizar os seus antecedentes, lévase a cabo un amplo estudo de casos considerados representativos da vivenda elemental experimental en diversas paisaxes senlleiras, para finalmente establecer unhas conclusións sobre a súa situación, características e tendencias actuais.
Elemental housing in singular landscapes is currently shown as one of the most suitable test fields for architectural experimentation and learning, since building in complex natural habitats such as high mountains, deserts, forests or water, is a great challenge in all its phases: from the conceptual design, during the construction process and in its subsequent maintenance and supply. The research focuses on minimal constructions strongly linked to their natural environment, which present an important didactic or experimental component and which, in addition to solving the essential needs of their inhabitants, aim to respond to the specific climatic, orographic, accessibility conditions -adverse on times- of its environment through experimentation with new concepts, architectural forms, structures or materials; approaching the subject through a theoretical-practical exercise where, after analyzing its antecedents, a broad study of cases considered representative of experimental elemental housing in various singular landscapes is carried out, to finally establish conclusions about its current situation, characteristics and trends.
Vivenda elemental, Experimental, Paisaxes senlleiras
Máis Traballos
La muralla de Ferrol y su influencia en el desarrollo urbano
Por Tamara Souto Quindimil
Ver traballo —>
Arquitecturas desenchufadas. Utopías contemporáneas. Marte. El viaje no es el problema
Por Cristina Campillo de Andrés
Ver traballo —>